|
|
O diccionario define
o empresario como aquel titular ou propietario dunha empresa
ou negocio. Sen embargo, non nos decatamos. Fóronnos
abrindo os ollos empresariais a base de requisitos para abrir a
nosa consulta particular: imposto de actividades económicas,
licencia de apertura, réxime especial de traballadores autónomos,
rexeitamento ó complemento específico (exclusividade),
acreditación e certificación de consultas, prevención
de riscos laborais...
E nós soportando a carga individualmente. E é precisamente
desa necesidade de onde nace a idea de nos asociar. Desa petición
de axuda naceu a ASOCIACIÓN DE MÉDICOS EMPRESARIOS.
|
|
 |
A asociación
médica basea a súa existencia en tres piares fundamentais:
a defensa, o exercicio e a xestión clínica do médico
con exercicio privado.
No que se refire á defensa, pretende cubri-lo
espacio existente entre os colexios
(encomendados a labores deontolóxicos e dereitos sociais
de tódolos seus colexiados) e os sindicatos (encomendados
a labores económicos dos asalariados por conta allea). A
asociación pretende loitar polos dereitos sociais e económicos
dos traballadores por conta propia no campo médico.
Polo que atinxe ó exercicio, pretende conseguir
unha CARREIRA PROFESIONAL no sector privado e crear unha liña
de INVESTIGACIÓN-FORMACIÓN (o 85% dos ingresos por
primas das mutuas aseguradoras empréganse en prover de servicios
sanitarios os seus asegurados, e o 12% en gastos xerais das compañías).
No que ten que ver coa xestión clínica,
intentarase busca-la mestizaxe entre o coñecemento médico
e empresarial e a adecuación investimento/ rendibilidade,
sen lesiona-la atención ó paciente e a rendibilidade
social e controlando os límites da ética e da boa
praxe.
|
|
|