|
|
| ¿Qué
é unha asociación empresarial? |
É unha asociación formada por empresarios.
Dado que existen empresarios individuais e empresas sociais ou colectivas,
os membros da asociación poden ser persoas físicas
ou xurídicas.
Os médicos, en canto que son titulares dunha consulta privada
e están suxeitos ó I.A.E., son empresarios. |
|
| ¿Cómo
funciona unha asociación empresarial? |
Unha asociación
empresarial é una entidade cun funcionamento autorregulado
a través dos seus estatutos.
Para isto, os promotores outorgan unha acta constitutiva e aproban
uns estatutos que son depositados ante a Administración e,
se no prazo de 20 días non son impugnados ante a autoridade
xudicial adquire, transcorrido o prazo, personalidade xurídica.
|
|
| Estructura do funcionamento |
En canto á
adopción de acordos:
Asembleas xerais.
Xunta Directiva.
En canto á designación de cargos:
Procedemento electoral democrático.
En canto ó aspecto económico:
Sistema orzamentario e cotas dos asociados. |
|
| ¿En qué se diferencia dun colexio profesional? |
Os colexios profesionais
defenden, co poder da lei, intereses profesionais xenéricos.
O seu fundamento último cítase no art. 36 da Constitución.
Nin a creación nin o exercicio da súa actividade son
libres.
Deben ter unha estructura e funcionamento democráticos.
As asociacións empresariais teñen como finalidade
a defensa e a promoción dos intereses económicos e
sociais que lle son propios.
Art. 7 da Constitución.
A súa creación e o exercicio da súa actividade
son libres.
A súa estructura e funcionamento deben ser democráticos.
|
|
| ¿Para qué serve unha asociación empresarial? |
Para defender aspectos
económicos e de liberdade empresarial.
Para coordinar as liñas xerais da política dos seus
membros.
Para representar os seus asociados na defensa dos intereses comúns,
ante as diferentes administracións públicas facilitando
a presencia en lugares de decisión nos que, na actualidade,
non se está representado. |
|
Para actuar ante
organizacións de traballadores e sindicatos con poder legal
para negociar e acordar convenios.
Para procurar a continua actualización e formación
dos seus membros.
Para subministrar ós seus membros a debida información
en relación coa súa actividade empresarial.
Para establecer servicios comúns de interese para os seus
asociados.
Para xestionar e canalizar diferentes subvencións que, tanto
de institucións nacionais como comunitarias, se poidan obter.
Para poder solicitar axudas e créditos preferentes relacionados
coa CEOE ou coa pequena e mediana empresa.
Para acceder ás axudas por autoemprego para os que comezan
a actividade. |
|
|