|
|
“Faise camiño
ó andar”, dixo o poeta. Nós comezamos unha andaina
lenta ó principio e, ás veces, incomprendida. A fe
en “fai o que creas e cre no que fas”
móvenos a buscar médicos empresarios como os da nosa
provincia e por este motivo che reitero, unha vez máis, a
invitación a participar coa ASOCIACIÓN DE MÉDICOS
EMPRESARIOS DA PROVINCIA DE OURENSE, sobre a que se che remitiu
información, tanto na revista colexial como en distintos
comunicados. Cremos que é unha iniciativa que pode mellorar
as condicións e os resultados dos médicos que traballamos
no exercicio privado, pero para levala adiante precisamos da colaboración
do maior número de profesionais, e por iso é tan importante
a túa colaboración.
Os membros da xunta xestora da asociación estarán
á túa disposición para che aclarar calquera
aspecto relacionado con ela. |
|
|